A Gandería

A nosa granxa

Todo comeza aquí, na nosa granxa, o lugar no que somos e no que facemos.

Estamos no Páramo, no medio dos prados e moi pretiño do Camiño de Santiago, dende onde traballamos cada día con todo o que nos rodea.

Amor polo kilómetro cero

As nosas vacas son parte de nós. Criámolas dándolles espazo, aire, herba e calma en abundancia. Descansan ben e comen a mellor forraxe cultivada na contorna, e iso nótase: temos vacas felices que dan leite con sabor.

Non hai máis segredo, todo é de proximidade, como antes.

Comprometidos coa sostenibilidade

Producimos con responsabilidade e con verdade, aproveitando os recursos que nos da a terra sen forzala, respectando os ciclos naturais e tratando de minimizar o impacto de cada paso que damos.

Onde os queixos collen vida

A nosa cava de maduración está construída baixo terra, sen impacto paisaxístico, tentando que sexa unha prolongación natural do terreo. A súa humidade proven da propia pedra, o que le da un carácter único aos nosos queixos, imposible de imitar.

Scroll ao inicio