top of page
foto%20portada_edited.jpg
logotipo_gandería-quintián-01.png

Quintián, é unha gandería familiar que nace do amor pola terra nos anos 60. 

No ano 2010 apostamos por poñer en valor o noso produto e o noso entorno dende este balcón á natureza.

quintian_queixeria.jpg
Gandería Leche Quintián-5.jpg

A nosa gandería e queixería está ubicadas en O Páramo, na provincia de Lugo, na ladeira dunha montaña. Moi preto do Camiño de Santiago, con vistas a todo o val por onde transcorre o Río Miño. 

 

Esta orografía permitiu que fixeramos realidade o soño da nosa queixería, construida baixo terra, respetando o entorno e sen impacto paisaxístico. 

O benestar das nosas vacas, é unha das nosas prioridades, por iso lles brindamos os mellores coidados e mimos para que sexan felices. 

 

Así como, unha alimentación de calidade, baseada fundamentalmente en forraxe cultivado no noso entorno. 

Fomos pioneiros na venda directa de leite pasteurizado sen ningún tipo de conservante e actualmente diferenciámonos polos nosos queixos artesáns, moldeados e volteados un a un, o que fai que sexan únicos.

quintian (75 de 81).jpg

A nosa cava conserva un muro de pedra por onde emana a agua de forma natural, conseguindo

un grao de humidade óptimo, que confire aos nosos queixos un carácter moi especial.

¿Quen somos?

Julio_López.jpg
FOTO CHELO.jpg

Somos Julio e Chelo.

Tomamos da man o que con moito amor, comenzaron os pais de Julio, coa firme idea de poñer en valor o territorio, un produto e unha forma de vida, onde o coidado dos animais é a base do noso proxecto.

Os nosos produtos

NÉBOA

Néboa, unha palabra moi representativa do clima da nosa terra.

É un queixo de pasta blanda de leite crudo de vaca, con codia natural enmohecida. Caracterízase polos seus matices a bosque, champiñón e notas a nata

AGARIMO

Agarimo, o mesmo co que as nosas avoas traballaban e moldeaban o queixo en tempos difíciles. Con el rendimos homenaxe a todas elas.

É un queixo de pasta blanda de leite pasteuizado, de codia lavada. Textura elástica, granulosa e fundente. A súa codia natural con sabor afroitado e regusto moi elegante.

QUEIXO FRESCO

 O queixo de sempre. Textura blanda e cremosa, co sabor e a calidade de antes.

LEITE

Leite producido de forma natural sen máis tratamento

que a pasteurización. 

Conserva todo o seu valor nutricional e sabor de sempre

coas garantías sanitarias actuais.

logotipo_gandería-quintián-01.png

¿Queres mercar os nosos produtos? 

Se queres saber o punto de venda máis cercano ou recibir os nosos produtos a domicilio, chámanos ao 648 19 59 89 ou cubre o seguinte formulario. Tamén podes enviarnos un mail a info@ganderiaquintian.com

Contacto

logotipo_gandería-quintián-01.png

Quintián - Friolfe - O Páramo / Lugo
Teléfono:  648 19 59 89

info@ganderiaquintian.com

¡Gracias! Mensaje enviado.

bottom of page