Nós
Somos Julio e Chelo
Collemos da man, con agarimo, aquelo que comezaron os pais de Julio hai máis de 50 anos e seguimos adiante coa firme intención de achegar, a través dos nosos produtos, unha forma de vivir e de entender este mundo.
Fomos pioneiros en vender leite pasteurizado sen conservantes e hoxe seguimos a diferenciarnos por iso: o respecto, a paciencia, a verdade.
En Quintián cultivamos a paisaxe e dámoslle xeito ás lembranzas. Facémolo con vacas felices, alimentadas coa herba que medra nos nosos prados, e coa pedra que conserva esa humidade que da carácter e rostro a cada un dos nosos queixos.
Pero, sobre todo, facémolo con cada sorriso que sae da cava e leva consigo un anaco da nosa historia.
A nosa queixería é un balcón que nos mostra o lugar dende o que mirar cara fóra sen esquecer nunca de onde vimos. Non hai máis segredo ca escoitar o que nos conta a terra, da que nacen queixos moldeados e volteados un a un, feitos a man, coma sempre, pero agora. Con calma, sen presa.
Temos un equipo bonito: pequeno e coidadoso, composto por xente que sabe o que fai e que lle pon alma ao que fai. Así, sen facer ruído, é como as cousas medran.
