Queixos artesanais

Queixos artesanais con rostro

En Quintián é unha fachenda facer queixos como se facían antes, dende a nosa gandería familiar, situada no corazón do Páramo, onde criamos as nosas vacas en liberdade, e as alimentamos con forraxe da contorna. Todo é arte, todo é artesán.

Elaboramos tres queixos diferentes que falan de tradición e de terra. Cada un conta unha historia.

Néboa

Conta o que non se ve. O silencio da cava, a humidade da pedra, a delicadeza do Penicilium. Un queixo de pasta branda, cremoso, con aromas de bosque e sabor elegante a manteiga e noces. Un queixo que fala baixiño pero que queda no sentir.

Saber máis →

Fala da memoria e do cariño das avoas, que moldeaban o queixo con calma e co que había. Recuperamos a codia lavada a man con soro e un sabor suave, lixeiramente ácido, con notas afrutadas e de nata. É o noso xeito de agradecerlles todo o que fixeron e todo o que nos deixaron. Amor e rebeldía contra o esquecemento.

Saber máis →

Mourelo

É carácter e recoñecemento, é o avó Mourelo. Feito con leite crú, madurado a man ata acadar un sabor intenso e complexo. Herba seca, cereal, froitos secos… Un queixo de premio -medalla de ouro en Lyon e terceiro mellor queixo curado de vaca no Salón Gourmet 2024- que leva dentro todo o saber facer e toda a fachenda de Quintián.

Saber máis →

Scroll ao inicio